Boletín informativo Iniciar sesión
  • Inicio
  • Onde estamos?
  • Modalidades
    • Esgrima Deportiva
    • Esgrima para nenos
    • Esgrima histórica
    • Esgrima adaptada
  • Actividades
  • Integratlón
  • Novas
  • Competición
    • Federacións e campionatos
    • Galicia
    • Nacional
    • Próximas Competicións
    • Información, normas e regulamentos
    • Calendarios
  • Más
    Preguntas Frecuentes
    Competición Práctica da esgrima
    Aviso Legal

15/03/2026 - Ouro no TNR Espada M15 e M13 de Ciudad Real

16. Mar. 2026, a las 00.00



Ciudad Real foi o escenario dun novo Torneo Nacional de Ránking, onde a actuación das categorías mais novas de 100Tolos foi excelente.

O sábado, na categoría M15, Ángel Rivas resultou gañador da competición cun impresionante dominio en todos os asaltos, especialmente na fase de cruces. A calidade da esgrima xunto coa concentración e estratexia que conseguiu poñer sobre a pista foi tal, que fixo parecer doado un triunfo tan difícil como o que acadou.

Nesa mesma competición, Tomás Núñez rematou oitavo noutra competición de enorme calidade, e tras chegar ó cruce previo ás medallas, deixando moi preto a dobre medalla coruñesa. Roberto Cubeiro acadou o posto 19, Héctor Cancio-Donlebún (M13) o posto 48, e Quique Orro o 64.



Na categoría feminina, Lucila Antivero deu un paso máis na súa moi boa progresión nesta categoría M15, e acadou rematar no posto 39 da clasificación final.

O domingo, o turno foi para os tiradores da categoría M13, onde Nicolás Santiso rematou nun fantástico posto 6º na súa loita polas medallas. Hétor Cancio-Donlebún tivo outra destacadísica actuación e acadou o posto 11.

Fin de semana de merceidas recompensas ó gran traballo dos nosos tiradores ó longo da tempada e dos anos que se levan preparando para despuntar na espada nacional.

Toda a información da competición en Engarde.
https://engarde-service.com/to...
Las últimas noticias Todos
16/5/2026 Campionato Galego Espada Absoluta
Disputouse en Santiago de Compostela o Cmapionato Galego de Espada Absoluta, tanto en modo individual como en equipos.Na espada masculina, Jorge Pereira acadou a medalla de bronce, Gabriel Orro rematou no 5º posto, Javier Gormaz 6º...
9/5/2027 Campionato de España Espada M17
A fin de semana do 9 de maio disputouse en Olmedo o Cmapionato de España de Espada categoría M17, para o que se clasificaron os nosos tiradores Lois Longueira, Ángel Rivas e Vera Pereiro.Na competición masculina, Lois Longueira aca...
3/5/2026 Campionato Galego de Veteráns
Esta fin de semana do 4 de maio, Nieves Eiriz acadou o bronce no Campionato Galego de Veteráns. Parabéns para unha gran esgrimista e un gran exemplo deportivo para todo o clube!!


Otras páginas de SportMember
  • Información sobre 100Tolos
  • Gestion deportiva de SportMember