23. Nov. 2026, a las 20.05
Enorme fin de semana no Campionato de España de espada cateogría M15 disputado en Torrejón de Ardoz, onde Ángel Rivas se proclamou Campión de España da categoría, nunha loita titánica non só cos seus rivais senón coa súa propia lesión que tanto limitou a súa esgrima na fase final da competición e que non impediu lograr este título.
Por equipos, 100Tolos acadou nova medalla nacional, nesta ocasión bronce, pechando unha fin de semana de recolleita do resultado do traballo dunha longa tempada de adestramento.
Na competición individual, ademáis do Campionato de España de Ángel Rivas, Tomás Gómez rematou na 8ª posición, Roberto Cubeiro na posición 33, Quique Orro na 52. Estes mesmos catro tiradores foron medallistas de bronce por equipos.
En categoría feminina, a nosa espadista Lucila Antivero rematou na posición 40ª, en florete Hande Ozcakir rematou na posición 20ª, Lía Rodriguez na 21ª, e Lía Mora na posición 24ª.
https://engarde-service.com/to...