A fin de semana do 7 e 8 de marzo disputáronse en Logroño os Campionatos de España de espada en categorías M20 (junior) e M23, coa participación de 3 tiradores de 100Tolos que acadaron por ranking da tempada unha das disputadas 42 prazas dispoñibles.
O sábado en M20 Carlos Arita tras unha moi boa poule non conseguiu superar o cruce de 32, rematando no posto 23 da clasificación final. Jorge Pereira, na mesma táboa, rematou na posición 32. Na categoría feminina, a nosa M17 Vera Pereiro rematou no posto 32.
O domingo foi a categoría M23 a se disputou, e Vera Pereiro conseguiu poñer sobre a pista a súa mellor esgrima, entrando na táboa de 16 e rematando nun fantástico posto 12.

Jorge Pereira, que ó igual que Vera Pereiro clasificou para os dous campionatos nacionais, competiu tamén o domingo en M23, acadando o posto 27, obtendo moi bós puntos de cara ó ránking do próximo ano da que será a súa categoría.
Toda a información da competición na web de Engarde.
https://engarde-service.com/to...