A fin de semana do 29 de novembro disputouse o II TNR de Espada M20 en Zaratán, Valladolid.
Na categoría feminina, Vera Pereiro acadou a posición 24, moi preto do pase a tablón de 16 nun cruce moi disputado, mantendo opcións até o final.
A categoría masculina, con representantes, tivo a Jorge Pereira como 100Tolo máis destacado, acadando medalla, cun terceiro posto co que se tivo que conformar debido a unha lesión que lle obrigou a retirarse sen opcións a disputar a final. Carlos Arita rematou no posto 55, Lois Longueira no 69, Gabriel Orro no posto 85, Ángel Rivas no 110, Antón Franco 119 Adrián Vidal no 129 e Telmo Miraz no 163.
Toda a información da competición en https://engarde-service.com/to...