En pleno fin de semana de Samaín, Tódolos Santos, Día de Mortos ou Haloween, segundo cadaquen prefira, disputouse en Alcobendas o I TNR de Espada M17.
O sábado foi a quenda da competición masculina, onde destaca o resultado de Ángel Rivas, de categoría M15, que rematou na posición 14ª. Lois Longueira acadou unha gran posición 26, Antón Franco a 34, Telmo Miraz a 78, Tomás Núñez 98, e Guillermo Sabín na complicada transición de florete a espada a 139.
O domingo, en categoría feminina, Vera Pereiro caeu de xeito inesperado no cruce de 64 tras unha gran poule con 5 victorias. Este cruce fixo que rematase no posto 33, bastante por debaixo do seu obxectivo.
Gran traballo de todos os nosos tiradores, tanto por resultados como por actitude e aprendizaxe.
Toda a información da competición dispoñible en engarde.
https://engarde-service.com/to...